A Nossa Língua
Gostaria de reagir a esta mensagem? Crie uma conta em poucos cliques ou inicie sessão para continuar.

Se lle damos as costas a Brasil, o futuro vainos dar polo cú

Ir para baixo

Se lle damos as costas a Brasil, o futuro vainos dar polo cú Empty Se lle damos as costas a Brasil, o futuro vainos dar polo cú

Mensagem  Joanlogo Sáb Abr 16, 2011 10:40 am

Acabo de estar seis meses en São Paulo e gustaríame compartir con vós algunhas valoracións que foron xurdindo na miña estancia no que considero que é o país con máis diversidade e mestizaxe do mundo, coido que vin todas as combinacións posibles entre cidadáns con orixes nos cinco continentes. Estou certo de que é o país no que, como me dixo Rosa, unha boliviana que estivera emigrada en São Paulo: “Brasil es el país de todos” porque tendo as raíces en todo o mundo, todos se senten brasileiros e falan un galego moito mais semellante o noso portugués que os nosos veciños rescatados. Despois de este tempo, eu tamén me sinto un anaco brasileiro, nótase cando xogas comigo o fútbol na praia, teño a barriga de Ronaldinho, Ronaldo nisto, tamén me supera.

“O Brasil é o país do futuro. (E sempre será)” consideraba o sempre brillante Stephen Zweig, o que acontece con esta frase, tan axeitada para os tempos de Zweig (finou no 42) e que podería ter pleno senso até fai poucos anos. Mais o Brasil mudou e, como nos acontece a xente nova (como nos recordan as revolucións de Exipto e de Tunisia e as manifestacións en Portugal, Francia, Italia, Gran Bretaña… cando nos toca?), non só quer ser o país do futuro senón que está a gañar o presente. Brasil ten unhas dimensións e condicións que lle permiten ser o 1ª exportador do mundo de café, sucre, carne bovina, etanol, estar ben situado en alimentos que van ser imprescindibles para o futuro da poboación mundial en constante crecemento. Mais tamén Brasil é o 4ª país exportador de avións, 6ª en aceiro ou 10ª en aluminio. Ademais dos novos recursos atopados no pré-sal na costa dos estados de sueste e van facer a Brasil o 3ª exportador mundial de petróleo. Ten 3 multinacionais entre as 100 maiores do mundo, co número 29 está Petrobrás, petroleira controlada polo estado, no 76 a mineira Vale, tamén controlada polo estado e no 85 Bradesco, banco privado.

Pero os motivos polo que a maioría dos brasileiros afrontan o futuro con optimismo son resumidos neste cadro:

CADRO BRASIL

Se lle damos as costas a Brasil, o futuro vainos dar polo cú CADRO%20BRASIL



Como se pode ver, o crecemento foi de todos os sectores pero hai unha espectacular redución da pobreza, moita xente tivo o primeiro posto de traballo formal e prodúcese un aumento brutal no consumo interno e do crecemento do país nun círculo virtuoso. Debemos destacar tamén o papel xogado polos bancos e caixas públicas que facilitaron o crédito e marcaron a tendencia o resto do sector financeiro, ben regulado desde os tempos de Fernando Henrique Cardoso, como lle recoñece o vello socio e agora rival, Lula.

Os vieiros de tal transformación son os que lle permiten a Lula,“o fillo do Brasil”, como dí a súa biografía autorizada e o filme co mesmo nome, ir co mesmo éxito o foro de Davos e o Foro Social Mundial. En Davos é admirado por manter a ortodoxia económica promovida por Fernando Henrique Cardoso e ter a inflación, que foi un gran problema da economía brasileira, controlada. No Foro Social Mundial, a xente valora a política de liderazgo na rexión que está vivindo unha mudanza económica e política que se reflexa na capitalidade, antes era Miami, agora é São Paulo e a posta en acción de medidas efectivas para diminuír a desigualdade, na que o estado xogou un papel esencial co bolsa familia (un programa que xa existía pero que foi con Lula quen o popularizou e ampliou até chegar a 12 millóns de familias que obteñen unhas transferecias mínima e outras suxeitas a condicións educativas, socias e sanitarias) e aínda que non podemos decir que Brasil é un país rico, porque, como di a marca da nova presidente, Dilma Roussef, “País Rico é país sem pobreza”. Pero si que vai camiño de selo. E todo nunha lingua xemelga ou na mesma lingua.

E nós, queremos ter futuro?.

P.S: como di un dos meus referentes, perdón se faltamos en algo.


ROMÁN SÁNCHEZ BESTEIRORomán SÁNCHEZ BESTEIRO
Un lacazán (home alto, un pouco desproporcionado e algo preguizeiro) de 21 anos que viaxa todo o que pode para confirmar que Galicia é o mellor sitio do mundo. Tamén estuda 4ª de dereito e C.Políticas na Universidade Autónoma de Madrid.

LIGAÇÃO PARA O ARTIGO:

http://cadernos.blogaliza.org/2011/04/13/brasil-e-o-noso-futuro-artigo-de-roman-sanchez/
[justify]

Joanlogo

Mensagens : 177
Data de inscrição : 26/12/2010
Idade : 68

Ir para o topo Ir para baixo

Ir para o topo

- Tópicos semelhantes

 
Permissões neste sub-fórum
Não podes responder a tópicos