A Nossa Língua
Gostaria de reagir a esta mensagem? Crie uma conta em poucos cliques ou inicie sessão para continuar.

«A Xunta homenaxea o intelectual Carvalho Calero coa reedición facsimilar dunha das súas obras máis senlleiras»

Ir para baixo

«A Xunta homenaxea o intelectual Carvalho Calero coa reedición facsimilar dunha das súas obras máis senlleiras» Empty «A Xunta homenaxea o intelectual Carvalho Calero coa reedición facsimilar dunha das súas obras máis senlleiras»

Mensagem  Nambuangongo Qua Mar 09, 2011 3:14 pm

http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1756



A Xunta homenaxea o intelectual Carvalho Calero coa reedición facsimilar dunha das súas obras máis senlleiras

* Esta mañá, o presidente da Xunta entregoulles ás súas fillas un exemplar de Prosa galega
* Trátase dun traballo emblemático do que foi o primeiro catedrático de galego, que recupera agora o Goberno de Galicia



Santiago de Compostela, 09 de marzo 2011.- A Xunta de Galicia recupera unha das obras máis senlleiras de Ricardo Carvalho Calero. Trátase dunha reedición facsimilar de Prosa galega, coa que o Goberno quere render homenaxe e honrar a memoria do que foi o primeiro catedrático de galego na universidade.

Esta mañá, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fíxolles entrega ás fillas de Carvalho Calero dun exemplar desta reedición, promovida polo Goberno galego para conmemorar o centenario do nacemento do profesor ferrolán. Durante o seu encontro con María Victoria e Margarita Carballo, o titular da Xunta salientou a relevancia da traxectoria vital e intelectual do lingüista e escritor, “merecedora dun recoñecemento institucional por parte do Goberno galego e de toda a sociedade”, afirmou Feijóo.

“Carvalho Calero soubo estar á altura das circunstancias históricas que viviu e iso converteuno nun persoeiro indispensable da cultura galega do século XX”, asegurou o presidente da Xunta. Neste sentido, Feijóo destacou o traballado realizado por Carvalho Calero no Seminario de Estudos Galegos durante os anos 20 e 30 do século pasado, a súa participación na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936 e a súa contribución no proceso de reconstrución cultural de Galicia desde os anos 50.

O titular da Xunta tamén incidiu no labor a prol da consolidación dos estudos de lingua e literatura galegas no ámbito dos estudos superiores do que foi o primeiro catedrático de galego na universidade.

Unha obra emblemática

A edición facsimilar que agora ve a luz, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e publicada pola Editorial Galaxia, é a homenaxe da Xunta de Galicia a Ricardo Carvalho Calero co gallo do centenario do seu nacemento.

Co obxectivo de recoñecer o labor académico e investigador realizado por Carvalho Calero xurdiu a iniciativa da Xunta de Galicia de reeditar Prosa galega, unha obra emblemática na traxectoria investigadora do lingüista de moi difícil adquisición, por estar practicamente esgotada na actualidade.

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) foi un dos membros máis activos do Seminario de Estudos Galegos no ámbito da lingua e da literatura galegas. En 1958 ingresou na Real Academia Galega e en 1972 obtivo a cátedra de Lingüística e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

Entre 1976 e 1980, en períodos de dous anos, aparecen os tres volumes de Prosa galega: Desde os primeiros oitocentistas ao Grupo NÓS, Dos novecentistas aos nosos días e Da época trovadoresca ao neoclasicismo. A obra nace na Cátedra de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela co obxectivo primordial de pór ao alcance de estudantes universitarios e estudosos do feito literario galego algúns dos seus textos fundamentais e hoxe mantén a súa vixencia como obra de referencia da historiografía literaria galega.

Nambuangongo
Nambuangongo

Mensagens : 188
Data de inscrição : 25/12/2010

Ir para o topo Ir para baixo

Ir para o topo

- Tópicos semelhantes

 
Permissões neste sub-fórum
Não podes responder a tópicos