A Nossa Língua
Gostaria de reagir a esta mensagem? Crie uma conta em poucos cliques ou inicie sessão para continuar.

"A Mesa pola Normalización Lingüística gaña o II premio Rosalía de Castro de Lingua"

Ir para baixo

"A Mesa pola Normalización Lingüística gaña o II premio Rosalía de Castro de Lingua" Empty "A Mesa pola Normalización Lingüística gaña o II premio Rosalía de Castro de Lingua"

Mensagem  cdurão Ter Abr 26, 2011 11:57 am

http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?lang=gl&accion=2&ver=19&nid=15727

"A Mesa pola Normalización Lingüística é a entidade gañadora da II edición do premio Rosalía de Castro de Lingua, convocado pola Deputación da Coruña.

A concesión do galardón foi feita pública esta mañá durante unha rolda de prensa que contou coa asistencia do deputado responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística, Xoán Manuel Sande Muñiz e dos membros do xurado, presidido por Salvador Fernández Moreda, e integrado por Manuel Rico Verea, da secretaría xeral de Política Lingüística; Xosé Manuel Sánchez Rei, da Asociación Cultural Alexandre Bóveda; Manuel Núñez Singala, da Universidade de Santiago; Marcos Mosquera, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, e Pilar García Negro, da Universidade da Coruña.

Segundo explicou Sande Muñiz, trátase dun premio de carácter honorífico, pois non conta con dotación económica, e recaeu na Mesa pola Normalización Lingüística “pola súa traxectoria de 25 anos a prol da normalización da lingua galega en moitos ámbitos sociais e públicos e como impulsora continuada da legalidade derivada da Lei 2/19983 de normalización lingüística de doutras leis autonómicas e do Estado”.

O deputado provincial anunciou que o acto formal de entrega do galardón terá lugar o vindeiro 7 de maio, durante a IV edición da Festa da Lingua que este ano se celebra en Carballo, e que contará coas actuacións de Marful e Berrobambán.

Pola súa banda, o voceiro do xurado, Manuel Núñez Singala, destacou a “dilatada traxectoria” da Mesa, “que é a maior entidade galega por número de socios” e que nos seus 25 anos de traxectoria “apenas foi premiada en Galicia, aínda que recibiu múltiples recoñecementos no exterior”.

A Mesa pola Normalización Lingüística impúxose a outras sete candidaturas, “todas elas merecedoras do premio”, segundo manifestou o voceiro do xurado."

Pois se a "Mesa" se sente honrada, avante! mas, como entender isso? será algo assim como:

"eu, muito falto de auréola "galeguista", dou-che a ti este "galardón" para que vejas que sou gallego-gallego, uf! como o que mais! e de passagem deixo-me querer e iluminar e arrequentar ao teu luar refletido, e não importa se cho roubo e te associo aos gallegos mirabolantes, pesados eles, com os que talvez baixes ou caias, já me apoiarei eu quando caias nalguma outra entidade que veja por aí, total não me custa nada impor-lhe medalhas a "punta pala", e fico komodiósss"?

ou será: "caveat premiatus?" ou então: "que oculta um prémio"?

cdurão

Mensagens : 302
Data de inscrição : 26/12/2010

Ir para o topo Ir para baixo

Ir para o topo

- Tópicos semelhantes

 
Permissões neste sub-fórum
Não podes responder a tópicos